A Escola Basket Xiria logrou o reto dos 300EBX no ano 2017

A Escola Basket Xiria, presidida polo carballés Marcos Díaz Molk, logrou este ano 2017, o reto de superar os 300 deportistas na tempada 2017-2018

Unha vez con todos os seus equipos inscritos, EBX solicitou o seguinte informe á Federación Galega de Baloncesto, onde se poden ver ós 20 equipos actualmente inscritos para a tempada 2017-2018, e un histórico dos federados dende a tempada 2007-2008

Escola Basket Xiria Federados (en pdf)

Para facilitar a súa lectura, pódese ver na seguinte imaxe o número de federados (tanto homes coma mulleres), o número de participantes na categoría BabyBasket (que non se inscriben como federados) e o número de participantes en Aspaber Basket Xiria (proxecto que este ano acadou ata 41 participantes). 

Un total de 307 Baloncestistas actualmente, que camiñan da man da Escola Basket Xiria nos distintos proxectos en Carballo, Laracha, Ponteceso e Aspaber Basket Xiria.

EBX-Deportistas

En Xullo de 2017, a Escola Basket Xiria lanzaba a campaña 300 (máis info neste link http://www.carballobasket.es/noticias/2017/300/ )  onde se pretendía comunicar o reto de acadar estos 300 deportistas. 

Estas creatividades, que foron desenroladas pola empresa Donclic de Carballo, e gracias ó traballo incansable dos adestradores, deron os seus frutos, chegándose a cumplir este soño de 300 gladiadores xogando a Basket na comarca de Bergantiños.

campaña-300ebx

Ademáis deste obxectivo conseguido, a Escola Basket Xiria segue mantendo o convenio de colaboración co CB Artai de Carballo, que ten máis de 100 xogador@s de Baloncesto nesta tempada nas súas filas, e tamén o Basket en Aspaber, no que este ano superaron os 45 participantes nas clases que imparten adestradores de EBX.

O clube tamén está tremendamente orgulloso de poder conseguir cerca dun 50% de representación femenina na Escola, o que demostra o bo traballo que se está facendo pola igualdade de xénero. Boa conta delo é a aposta clara polo equipo Vazquez y Reino Basket Xiria, no que mañá Sábado debuta a senegalesa Absa Kasse.

familia-xiria

apolos300

FORZA XIRIA!!!

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*