ACTO DE PRESENTACIÓN DAS EQUIPACIÓNS DO ASPABER BASKET XIRIA

O equipo Aspaber Basket Xiria fixo a presentación da nova equipación para a campaña 2017-2018. O acto comezou as 10:00 horas do vernes no pavillón de Bergantiños. A estrea contou coa presenza da directora de Aspaber Dolores Fernández, o membro da xunta directiva Rufino Fraga e a monitora Ana Villar. A escola Basket Xiria estivo representada polo presidente Marcos Díaz Molk, o secretario Primitivo X. Reguera e o director deportivo Arturo Ferraces. O alcalde de Carballo Evencio Ferrero e o edil de deportes e cultura Marcos Trigo tamén acudiron para apoiar o proxecto de colaboración entre a EBX e a asociación Aspaber.

4

Os xogadores rebosaron ledicia coas novas equipacións e disputaron un partido entre eles para comprobar que ademáis de sentarlles moi ben son moi cómodas para a práctica do baloncesto.

A colaboración entre a EBX e Aspaber vai xa polo sexto. O primeiro ano da colaboración o número de xogador@s inscritos na actividade era arredor de 14. No pasado ano o número pasou a ser de 40 e neste ano xa se teñen 44 xogador@s. O éxito da actividade levou a repartir os xogadores en dous grupos. Os adestramentos son todos os venres pola mañá, o primeiro grupo de 9:30 a 10:45 e o segundo grupo de 11:15 a 12:15. José Tato é o coordinador e adestrador do Aspaber Basket Xiria pero tamén conta con outros adestradores da EBX como Héctor Añón e Iván Latasa para axudar nos adestramentos.

Dende a EBX e Aspaber querese conseguir potenciar a actividade e estase traballando de maneira conxunta para xogar con asiduidade partidos amigables contra equipos doutras asociacións de Galicia. Para este tempada xa se teñen previstos varios encontros amigables con outras asociacións pero aínda non se teñen acordadas as datas.

 

Deixa un comentario

Deixa unha resposta

Tu dirección de correo no será publicada.


*